El Blog

Calendario

<<   Enero 2022    
LMMiJVSD
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31       

Categorías

Archivos

Sindicación

Alojado en
ZoomBlog

CATEDRAL DE SANTIAGO

Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 16:51, Categoría: LA CORUÑA

Esta cámara recolle a nave lateral da Catedral que é por onde se despraza o Botafumeiro, xigantesco incensario empregado nas solemnidades relixiosas. Ao fondo da imaxe aparece a porta norte que dá acceso á Praza da Acibecharía.

CATEDRAL DE SANTIAGO

Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 16:46, Categoría: LA CORUÑA

Cámara Web situada no lateral dereito da nave central da Catedral compostelá. A imaxe amosa a Capela Maior e, ao fondo, o Altar Maior coa figura de Santiago repuxada en prata por Montaos do século XVIII, e que é abrazada polos peregrinos. Debaixo do Altar Maior encóntranse as reliquias do Apóstolo no interior dunha urna de prata.

LA CORUÑA (móvil)

Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 16:44, Categoría: LA CORUÑA

Cámara web móbil situada nun dos edificios máis altos da cidade. Na imaxe podemos observar os portos pesqueiro e deportivo, o paseo marítimo, as praias de Riazor e do Orzán, o Obelisco Millennium, a Torre de Hércules, os xardíns de Méndez Núñez e algunhas rúas do centro.

LA CORUÑA (fija)

Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 16:42, Categoría: LA CORUÑA

Cámara web fixa situada nun dos edificios máis altos da cidade, dende onde podemos albiscar a enseada do Orzán rodeada polo paseo marítimo. Na parte superior da imaxe observamos a Casa do Home. Máis ao lonxe enxergamos a entrada da ría da Coruña con Ares ao fondo.

VERÍN

Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 12:42, Categoría: ORENSE

Cámara web con movemento de 360º situada no Parador Nacional e que ofrece imaxes do val de Monterrei e da vila de Verín.

ORENSE (móvil)

Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 12:40, Categoría: ORENSE

Cámara web móbil situada no Centro Comercial Ponte Vella. Ofrece unha panorámica das dúas ribeiras do Miño e dalgunhas das pontes que o atravesan: a ponte Romana, a ponte Nova ou a do Milenio. Permite ver ademais o Paseo Fluvial, o Barrio da Ponte e o Parque do Río Miño.

ORENSE (fija)

Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 12:39, Categoría: ORENSE

Cámara web fixa situada no Seminario que nos ofrece unha panorámica da cidade atravesada polo río Miño. Albiscamos a Ponte do Milenio, a Ponte Vella e as demais pontes que permiten a conexión entre as dúas beiras do río.

CABEZA DE MANZANEDA

Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 12:38, Categoría: ORENSE

Cámara web fixa situada no cumio da Pista do Regato da Estación de Cabeza de Manzaneda. Ofrece unha panorámica de 30º na que se pode ver a telecadeira e o telesquí.

A RÚA

Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 12:36, Categoría: ORENSE

Cámara web situada no Hostal Berna, ao carón da estrada N-120. Dende esta localización pódese ver a vila da Rúa, o complexo recreativo do Aguillón e o encoro de San Martiño.

VIGO (móvil)

Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 12:35, Categoría: PONTEVEDRA

Cámara web con movemento de 180º situada na azotea do Hotel Bahía de Vigo. Ofrece imaxes da ría, da estación marítima, do peirao de transatlánticos, do porto deportivo, do monte da Guía, da avenida de Montero Ríos e, ao fondo, de Moaña.

Blog alojado en ZoomBlog.com