Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 12:40, Categoría: ORENSE
Cámara web móbil situada no Centro Comercial Ponte Vella.
Ofrece unha panorámica das dúas ribeiras do Miño e dalgunhas das pontes
que o atravesan: a ponte Romana, a ponte Nova ou a do Milenio.
Permite ver ademais o Paseo Fluvial, o Barrio da Ponte e o Parque do
Río Miño.
Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 12:39, Categoría: ORENSE
Cámara web fixa situada no Seminario que nos ofrece unha panorámica da cidade atravesada polo río Miño.
Albiscamos a Ponte do Milenio, a Ponte Vella e as demais pontes que permiten a conexión entre as dúas beiras do río.
Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 12:38, Categoría: ORENSE
Cámara web fixa situada no cumio da Pista do Regato da Estación de Cabeza de Manzaneda.
Ofrece unha panorámica de 30º na que se pode ver a telecadeira e o telesquí.
Por Meteolugo - 5 de Octubre, 2006, 12:36, Categoría: ORENSE
Cámara web situada no Hostal Berna, ao carón da estrada N-120.
Dende esta localización pódese ver a vila da Rúa, o complexo recreativo do Aguillón e o encoro de San Martiño.